Chipre (provincia romana)
Cyprus (la) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Capital | Paphos | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 58 a. C. | ||||
Disolución | 688 | ||||
Sucedido por | Thema de Chipre (pt) | ||||
Chipre foi unha pequena provincia senatorial dentro do Imperio romano. Aínda que era unha pequena provincia, posuía varios santuarios relixiosos coñecidos e representaba un lugar destacado no comercio do Mediterráneo Oriental, especialmente na produción e comercio de cobre chipriota. Como estaba situado nunha importante posición estratéxica nas rutas comerciais do Mediterráneo Oriental, Chipre estaba controlado por potencias imperiais durante o primeiro milenio a.C. incluíndo: Asiria, Exipto, Macedonia, e en particular o Imperio romano. Chipre foi anexionado polos romanos no 58 a.C., pero ata o 22 a.C. cando Chipre converteuse nunha provincia senatorial oficial, o control da illa fluctuou entre os romanos e o imperio tolemaico.[1] Desde a Batalla de Actium no 31 a.C. ata o século VII Chipre estivo controlada polos romanos. Chipre converteuse oficialmente en parte do Imperio Romano de Oriente no 293 d.C.
Baixo o dominio romano, Chipre dividiuse en catro distritos, Salamina, Pafos, Amathous e Lapethos.[2] Pafos foi a capital da illa ao longo do período romano ata que Salamis foi refundada como Constantia no 346. O xeógrafo Ptolomeo rexistrou as seguintes cidades romanas: Pafos, Salamina, Amathous, Lapethos, Kition, Kourion, Arsinoe, Kyrenia, Chytri, Karpasia, Soli e Tamassos, así como algunhas cidades menores espalladas por toda a illa.[2]
A continuación descríbese un esquema cronolóxico do Chipre romano, a súa historia política, economía e comercio, relixión, historia social, arte e cultura e as catástrofes naturais que afectaron a Chipre. A información sobre Chipre durante o goberno romano baséase principalmente en descubrimentos arqueolóxicos e epigrafía. Hai poucas evidencias literarias e textos moi raros nos que baseamos o noso coñecemento. Neste artigo séguese a convención de ortografía do Departamento de Antigüidades de Chipre.[3]
Liña de tempo cronolóxica
[editar | editar a fonte]- 80-58 a.C. reinado do rei Ptolomeo de Chipre.
- 58 a.C. Catón o novo aplicou a Lex Clodia de Chipre facendo que Chipre fora parte da provincia romana de Cilicia Catón foi procónsul de Chipre no 58-56 a.C.
- 52-51 a C. Tulio Cicerón Menor, fillo do famoso orador, convértese en procónsul de Cilicia e Chipre.
- 47 a.C. Chipre é entregado ao goberno exipcio de Cleopatra VII por Marco Antonio
- 31 a.C. Batalla de Accio, Marco Antonio e Cleopatra VII foron derrotados por Augusto e Chipre regresa ao dominio romano
- 22 a.C. Chipre converteuse nunha provincia senatorial separada de Cilicia con Nea Pafos como capital
- 21-12 a.C. Crease o calendario chipriota na honra de Augusto e da familia imperial
- 18, 17 e 15 a.C. Terremotos considerables, o peor no 15 destruíu a maior parte de Paphos.
- 2 a.C. Revisións feitas no calendario chipriota
- 16 d.C. Outro gran terremoto causou danos en toda a illa
- 45 d.C. Misión cristiá de Pablo e Bernabé en toda a illa
- 49 d.C. Bernabé a visita por segunda vez
- 65/66 d.C. O santuario de Apolo Hylates de Kourion é reconstruído despois do terremoto
- 66 d.C. Pafos recibiu o título de Claudio
- 70 d.C. Destrución de Xerusalén e chegada de xudeus en Chipre
- 76/77 d.C. Reconstrución a grande escala tralos destrutivos terremotos
- 116 d.C. Revolta xudía en Salamina
- 269 d.C. Breve invasión goda
- 293 d.C. Diocleciano reorganiza o Imperio romano en rexións, leste e oeste, Chipre queda no leste
- 342 d.C. Salamis e Pafos son destruídas por un gran terremoto
- 346 d.C. Salamis é refundada como Constantia, a capital de Chipre
- 365/70 d.c. Un terremoto destrúe Kourion
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Karageorghis (1982), pp. 177-178
- ↑ 2,0 2,1 Karageorghis (1982), p. 178
- ↑ Department of Antiquities Cyprus
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Chipre |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Karageorghis, Vassos (1982). Cyprus From the Stone Age to the Romans: The Roman Period. Col. Ancient Peoples & Places (en inglés). Londres: Thames & Hudson. ISBN 978-0500021026.